Os libros de Ánxel Casal: VAOSILVEIRO

Vaosilveiro é a única novela longa do autor | 3/11/2017

A minha fotoFonte: Xabier Iglesias


Os libros de Ánxel CAsal: FUXIDOS

Esta obra completa un ciclo narrativo ambientado por López Abente nas vilas costeiras da Costa da Morte | 3/11/2017

A minha fotoFonte: Xabier Iglesias

 

 


Os libros de Ánxel Casal: BUSERANA

Os libros de Ánxel Casal Este lugar recupera a memoria dos libros publicados polas editoriais Lar e Nós entre 1924 e 1936; unha das xeiras de máis ilusión e esperanza da literatura galega, e rende homenaxe aos intelectuais que contribuíron a artellar o Galeguismo. Tamén pretende ser unha obra colectiva, aberta ás túas opinións e informacións. | 3/11/2017

A minha fotoFonte: Xabier Iglesias


Versos inéditos na mesa sobre a poesía no tempo das Irmandades da Fala

Miro Villar reivindicou devolver a figura de Gonzalo López Abente á posición central que ocupara en vida | 3/11/2017

Fonte:


A poesía e a narrativa pechan o ciclo 'No tempo das Irmandades'

O escritor e crítico literario Miro Villar, Gonzalo López Abente, o "poeta do mar", no que afondará na figura do escritor muxián | 3/11/2017

Fonte: Real Academia Galega


A Academia edita a primeira serie de antoloxías dedicada ás Irmandades da Fala

Entre as obras apaece completa MARÍA ROSA, único drama de López Abente | 3/11/2017

Fonte: Real Academia Galega


As Irmandades e a renovación teatral, a debate en Pontevedra

Estase a prepara unha edición dos primeiros autores do teatro das Irmandades | 3/11/2017

Fonte: Real Academia Galega


Emma Pedreira recolleu o Premio López Abente

Xosé Luís Vilela tamén falou na entrega do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente | 7/13/2015

Xosé Luís Vilela entrega o premio López Abente 2015 á poeta Emma Pedreira

Xosé Luís Vilela entrega o premio López Abente 2015 á poeta Emma Pedreira

 

O sábado 11 ás 21:00 celebrouse no Salón do Volunariado a entrega do III Premio de Poesía GLA que este ano recaeu na poeta coruñesa Emma Pedreira co poemario S/T (Sen Terra). Estivo presente tamén o poeta Laureano Xaquín Araújo, autor premiado o ano anterior e que non puido estar por encontrarse en Alemaña. O xurado do Premio formado polos poetas Modesto Fraga, Miguel Mato Fondo e Rivadulla Corcón detacou a calidade dos libros premiados.

 

A conferencia do acto recaeu en Xosé Luis Vilela Conde, director de La Voz de Galicia. O xornalista nado en Muxía e que aprendeu a ler de pequeno nos poemarios de López Abente que súa nai tiña como devocionarios.

 

Para acompañar o acto estiveron o coro Virxe da Barca e as pandareteiras Abaladeiras de Muxía que interpretaron con talento poemas do autor muxián.

 

Emma Pedreira lendo o seu poemario

Emma Pedreira lendo o seu poemario na entrega do Premio Lopez Abente 2015

 

Laureano Xaquín Araujo

Laureano Xaquín Araujo, gañador do ano pasado, tamén falou na entrega

 

Viqui Rivadulla con Xose Luís Vilela, conferenciante do acto de entrega do Premio Lopez Abente 2015

Viki Rivadulla e Xosé Luís Vilela, conferenciante

 

O xurado do III Premio López Abente: Rivadulla Corcón, Modesto Fraga e Miguel Mato Fondo
Rivadulla Corcón, Modesto Fraga e Miguel Mato Fondo foron o xurado do III Premio de Poesía López Abente

Xa temos fallo do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente

6/22/2015

Xurado do II Premio Lopez Abente

A pasada mañá do venres reuniuse en Muxía o xurado do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, convocado pola Fundación Gonzalo López Abente en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

O xurado, composto polos poetas X. H. Rivadulla Corcón, Miguel A. Mato Fondo e Modesto Fraga- actuando como secretaria Viki Rivadulla- decidiu, por unanimidade premiar á obra “S/t” da poeta coruñesa Emma Pedreira.

O xurado destaca así, una obra que indaga nos grandes temas universais, nas vivencias da aldea, os froitos da terra, o tempo da infancia e a memoria, nun discurso elaborado que sona moi verdadeiro, saído dunha necesidade vital de facelo.

Lembramos que o galardón consiste na publicación da obra gañadora en Edicións Xerais, un premio en metálico de 2.000 € e una estatuíña de Viki Rivadulla.

Emma Pedreira recollerá o premio o día 11 de xullo, nun acto que organizará a Fundación para este fin e no que tamén participarán o gañador do ano pasado, Laureano Xaquín Araújo, e o muxián Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia, que dará una charla sobre a figura de López Abente.

O acto irá acompañado polas actuacións da Coral Polifónica Virxe da Barca e Abaladeiras de Muxía.


Casas literarias: Gonzalo López Abente

Artigo de Armando Requeixo | 3/26/2015

Casa de Gonzalo Lopez Abente

Un día coma hoxe 24 de marzal do ano 1878 ás catro da serán, que cadrou en domingo, con feira en San Isidro, abrín os ollos á vida e pola fiestra da casa do Cabo da Grixa en que moraban meus pais, ollei craramente un outo cruceiro e que no seu cume agonaiba un mártir cos brazos en crús. Aquel día escoitei a rapsodia máis subrime e fíxenme segrel. Pillei un laúde e con ele ao lombo boteime a cantare polo mundo adiante…

Quen así escribiu foi o poeta Gonzalo López Abente nunha carta que enviou ao seu curmán Horacio Bermúdez Abente. Porén, malia nacer naquela antiga casa do Cabo da Grixa, o que foi o seu lar vivencial de sempre está radicado na rúa Virxe da Barca, que é o lugar onde escribiu boa parte da obra poética e onde nos deixou.

casa antiga lopez abenteA vivenda, hoxe reformada, en tempos tivo unha única altura. No andar de baixo estaba o despacho no que escribía o poeta. Na parte de riba, unha pequena bufarda que daba remate ao inmoble, hoxe desaparecida, pois eliminouse para construír unha segunda altura, o que lle fixo perder parte do antigo encanto.

Na beirarrúa, xunto á porta da casa, a Fundación López Abentecolocou unha placa que a distingue como o lugar no que o poeta residiu decote. Alí viviu practicamente toda a vida, quitado o tempo no que estudou o bacharelato e a carreira en Compostela e algunha viaxe de mocidade a Francia, Bélxica e Holanda, pois, tras delas, regresou a Muxía, onde traballou como funcionario de banca.

A casa da rúa Virxe da Barca veu xurdir grande parte dos versos de D’outono (1924), Nemancos (1929), Centileos nas ondas (1958) ou Decrúa (1966) e relatos como O novo xuez (1922), Buserana (1925), Fuxidos (1926) e Vaosilveiro (1929). 

placa lopez abente (no chan)

Na súa Muxía natal —na propia rúa Virxe da Barca, ben preto desta casa onde viviu—, ten a sede a fundación do escritor, constituída no 2010. Sita na Casa das Beiras, dende ela promóvese e difúndese a súa figura, amais de convocar un certame literario que leva o seu nome.

O mozo que un día dirixiu El Eco de Mugía ten moitos poemas dedicados ao mar que baña o célebre santuario, ás súas xentes e paisaxes. Aquel naipelo que vira a luz primeira no Cabo da Grixa (onde hoxe existe aínda un cruceiro que velou os seus primeiros soños, pois estaba a carón daquela casa de nacido), lembrou a súa raíz nas páxinas de Nemancos:

O cruceiro do Cabo da Grixa

Ti, do Cabo da Grixa meu cruceiro,
unha historia me ensinas do pasado
na que un home pasou por embruxado
e chorou na aldea prisoeiro;
xa liberto do aldraxe mintireiro
ergueute agradecido nun calado
curruncho do seu pobo. —Agarimado
das raiolas do sol que vin primeiro,
de cote, cando os meus ollos che miran,
ven unhas sombras que incesante viran
das tuas escaleiras a carón:
un home c’unha branca vestidura,
e, tras d’el unha besta co-a figura
xigantesca e cornuda d’un cabrón.

Fonte


Entradas novas Novas de Interese Entradas antigas